Descargar Programa Completo Programa completo das festas
Descargar Cartel San Froilan 2009 Cartel San Froilán 2009
Descargar Cartel San Froilanciño 2009 Cartel San Froilanciño 2009







No Concello de Lugo sabemos moi ben que as festas patronais do San Froilán son un dos sinais de identidade máis importantes da nosa cidade, pois nestes días de outono Lugo reforza a súa condición de capital cultural e lúdica e atrae multitudes de toda Galicia e de fóra de Galicia. Por iso o programa das nosas festas debe en primeiro lugar procurar satisfacer a todos. Debe satisfacer os lucenses, que esperan todo o ano o estoupido de animación de principios do outono, e debe satisfacer os forasteiros, que en número cada vez maior veñen onda nós atraídos pola singularidade dun acontecemento que conxuga a tradición coa modernidade e marca o calendario galego cos grandes e pequenos concertos, coa música tradicional que anima todos os recantos, coa ledicia das rúas ateigadas, coas variadas cores do feiral, co saboroso atractivo dos caldeiros e as casetas do polbo.

Por iso, aínda que os tempos impuxesen algunhas limitacións orzamentarias, a imaxinación e o bo facer do equipo organizador dirixido pola Concelleira de Cultura e Turismo lograron unha vez máis un fermoso e variado programa onde os diferentes gustos se tiveron en conta para que todos os lucenses e todos os nosos visitantes atopen concertos e actividades do seu interese. Cun programa coma este, as festas do 2009 serán de novo un éxito de público e de satisfacción xeral. Para acabar de garantilo só falta que chova ó gusto de todos: é dicir, que non chova!

Como Alcalde de Lugo, só me queda saudarvos e darvos a benvida a estas grandes festas populares: unha agarimosa benvida dunha cidade aberta e cordial que sabe manter as tradicións seculares e ó mesmo tempo camiñar cara a diante coas novidades do novo milenio.

Que o pasedes moi ben, unha vez máis e sempre!

José López Orozco    
Alcalde de Lugo    


Engadir a favoritos

Castellano | Galego
Entradas á venda en Caixanova
inicio   |   Concertos   |   Programa   |   Sanfroilanciño   |   Deportes   |   Plano   |  
Diseño y programación: Desarrollos Lugonet, S.L.