XII Edición Mostra de Artesanía ARTE SAN FROILAN
Do 3 ó 12 de outubro
Praza Anxo Fernández Gómez
A Deputación de Lugo, a través do Centro de Artesanía e Deseño
(CENTRAD), presenta nestas festas de San Froilán a XIII edición da feira
Artesanfroilán, todo un clásico dentro da programación dos festexos
patronais da capital da provincia.
Dende o día 3 ata o 12 de outubro a praza Anxo Fernández Gómez,
detrás da Casa do Concello e en pleno Casco Amurallado, convértese
nun escaparate da artesanía galega e luguesa en particular, onde
estará situada a carpa de Artesanfroilán.
Un total de 26 artesáns non só da provincia senón de toda Galicia e
incluso de Asturias expoñen ó público durante as festas patronais
máis importantes de Galicia as pezas máis selectas de xoiería, pratería
maquetismo, monequería, encaixes, serigrafía, téxtil, marroquinería,
olería, cerámica, metalisteiría, vidro, cartón-pedra, arreglos florais,
xoguetes ou madeira.
Esta é unha oportunidade única que os lugueses e os milleiros de
persoas que visiten Lugo durante o San Froilán non deben perder,
xa que se trata dunha ocasión inmellorable para coñecer o traballo
e o esforzo que realizan estes profesionais para manter os oficios
artesanais vivos no tempo.
Horarios
Luns a venres: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h
Festivos e fins de semana: de 11:00 a 15:00 h e de 16:30 a 22:00 h
|