JOSE RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO
CURRÍCULUM PRESIDENTE DEPUTACIÓN
José Ramón Gómez Besteiro naceu o 15 de novembro de 1967 en Lugo e é o menor de tres irmáns. Ten dous fillos e é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Preside a Deputación de Lugo desde o 14 de xullo do 2007, converténdose no terceiro Presidente da etapa democrática e o número 102 na historia da Deputación provincial.
Gómez Besteiro é, por tanto, o primeiro militante do Partido Socialista de Galicia que preside o organismo provincial lugués, aínda que antes de ser Presidente, xa exerceu nesta institución como Deputado provincial socialista desde o ano 1999 ata o 2007. Destaca por ser unha persoa disciplinada co partido, o que permitiu que combinase esta tarefa coa de Voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo e Concelleiro de Urbanismo desde os anos 1999 ata o 2007. Na actualidade, José Ramón Gómez Besteiro segue a ser Concelleiro no Concello de Lugo.
Tamén forma parte do Comité Nacional do PSOE, da Executiva Galega socialista e, ó mesmo tempo, é Secretario Xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE desde o ano 2000.
José Ramón Gómez Besteiro preside a Corporación da Deputación de Lugo composta polo Partido Socialista con 11 Deputados, o Partido Popular con 11, e o Bloque Nacionalista Galego con 3. Trátase da oitava Corporación provincial na etapa democrática.
Apertura da Porta Falsa
|