Descargar Programa Completo Programa completo das festas
Descargar Cartel San Froilan 2009 Cartel San Froilán 2009
Descargar Cartel San Froilanciño 2009 Cartel San Froilanciño 2009







JOSÉ BLANCO LÓPEZ

Nace en Palas de Rey en xaneiro de 1962. Está casado e ten dous fillos.

Por motivos laborais a súa familia trasládase a Lugo onde cursa EXG e o Bacharelato no Instituto Público Xoán Montes.

En Santiago inicia os estudos de Dereito desde onde se incorpora a traballar na Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE.

A súa inquedanza política iníciase sendo moi novo. Afíliase ao PSOE en 1978.

Xa como Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia sae elixido Presidente do Consello da Xuventude de Galicia. Fundador do centro de Estudos de Xuventude e Sociedade.

Foi membro da comisión executiva galega do PSdeG-PSOE e Secretario Xeral dos Socialistas en Lugo.

Nas eleccións xerais de 1989 sae elixido senador, o máis novo da cámara alta na IV lexislatura. Acta que revalida nas eleccións de 1993.

En 1996 encabeza a candidatura do PSOE por Lugo ao Congreso dos Deputados, obtendo o escano que revalidou nas seguintes convocatorias.

Coordinador do grupo Nueva Vía que consigue os apoios que elixen a Rodríguez Zapatero como novo líder dos socialistas no 35 congreso federal.

Nese mesmo congreso do ano 2000 é elixido Secretario de Organización e Acción Electoral desde onde moderniza a estrutura do partido.

Coordina todas as campñas electorais do PSOE a nivel nacional desde o 2003.

No 36 congreso federal (ano 2004) é elixido Secretario de Organización e Coordinación da Comisión Executiva Federal do PSOE, responsabilidade que desempeña ata o 37 congreso no que é nomeado Vicesecretario Xeral do PSOE.

Desde este ano 2009 ocupa a carteira de Ministro de Fomento no Goberno de España, desde onde ten reafirmado o seu compromiso con Galicia e con Lugo.


Apertura da Porta da Estación




Engadir a favoritos

Castellano | Galego
Entradas á venda en Caixanova
inicio   |   Concertos   |   Programa   |   Sanfroilanciño   |   Deportes   |   Plano   |  
Diseño y programación: Desarrollos Lugonet, S.L.