Descargar Programa Completo Programa completo das festas
Descargar Cartel San Froilan 2009 Cartel San Froilán 2009
Descargar Cartel San Froilanciño 2009 Cartel San Froilanciño 2009







BRANCA RODRÍGUEZ PAZOS

Naceu en Lugo, na porta da Estación, no nº 1 da rúa Castelao. Na actualidade vive em Vilamaior, na parroquia de Adai.

É diplomado en Traballo Social na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1985 é Xefa da Sección de Minusvalideces de Lugo, dependente da Consellería de Traballo e Asuntos Sociais da Xunta.

Participa activamente na Asociación Galega de Asistentes Sociais desde 1974, na que ocupou distintas responsabilidades, entre elas a de vocal da zona de Lugo e A Coruña.

Impulsora da creación do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia que se constituiu no ano 1982, no que ocupou os cargos de Vicepresidenta e Presidenta.

Colabora activa na posta em marcha do movemento feminista de Galicia desde mediados dos anos 70 ao Club Cultural Valle Inclán, e na actualidade e desde a súa creación participa na asociación Lugo Patrimonio.

Concelleira em Lugo pólo BNG em catro corporacións sucesivas, desde maio de 1991 a decembro de 2003. Foi Tenente de Alcalde desde 1999 a 2003, no goberno bipartito BNG- PSOE, ocupándose da Área de Benestar Social.

Foi delegada provincial da Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar desde xullo 2006 a marzo 2008.


Apertura da Porta de San Fernando






Engadir a favoritos

Castellano | Galego
Entradas á venda en Caixanova
inicio   |   Concertos   |   Programa   |   Sanfroilanciño   |   Deportes   |   Plano   |  
Diseño y programación: Desarrollos Lugonet, S.L.