Descargar Programa Completo Programa completo das festas
Descargar Cartel San Froilan 2009 Cartel San Froilán 2009
Descargar Cartel San Froilanciño 2009 Cartel San Froilanciño 2009







JOAQUÍN Mª GARCÍA DÍEZ

Naceu en Ferrol o día 16 de setembro de 1954. Está casado e ten tres fillas.

Realizou os seus estudios universitarios en Santiago de Compostela onde entre 1974-1979  obtén a súa graduación en Ciencias Biolóxicas, na rama de Ecoloxía.

Tras un período no sector privado e no mundo da ensinanza, estivo a traballar como Biólogo no Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), onde exerceu distintas responsabilidades ata ocuparse da súa Dirección.

Joaquín estréase na política no ano 1990. Durante o primeiro Goberno de Manuel Fraga na Xunta de Galicia, facéndose cargo da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (1990-91)

En maio de 1991 desembarcou na política municipal, formando parte da candidatura do PP de Lugo nas eleccións municipais. Desde ese ano e ata 1995 exerce como primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Economía e Medio Ambiente.

En maio de 1995 concorre como Candidato á Alcaldía de Lugo polo Partido Popular obtendo maioría absoluta con 13 dos 25 membros da corporación.

No ano 2001 incorpórase á Secretaría Xeneral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e tras unha paréntese na súa vida política, en marzo de 2004 é elexido deputado pola provincia de Lugo no Congreso dos Deputados. Renovou a súa elección nas Xerais de 2008, como cabeza de lista pola provincia de Lugo ó Congreso. Desde entón está a realizar un fructífero traballo como voceiro de pesca do Grupo Parlamentario Popular ó tempo que se interesa e promove iniciativas relacionadas con distintas problemáticas da provincia de Lugo.

En maio de 2007, concorre ás eleccións como candidato á Alcaldía de Lugo polo PP, desempeñando desde entón o labor de voceiro do Grupo Municipal no Concello de Lugo.


Apertura da Porta do Cárcere






Engadir a favoritos

Castellano | Galego
Entradas á venda en Caixanova
inicio   |   Concertos   |   Programa   |   Sanfroilanciño   |   Deportes   |   Plano   |  
Diseño y programación: Desarrollos Lugonet, S.L.