Ana Moura

ANA MOURA é unha cantante de fado portuguesa recoñecida internacionalmente. Unha voz que camiña pola tradición libremente, mentras que de xeito elegante xoga coa música pop. Conta con máis de 300.000 discos vendidos e máis de unha ducia de galardóns dos que destacan: 2 Globos de Ouro, 2 premios Amália, 1 nominación para os Songlines Music Awards na categoría de Mellor Artista. Ademais participou con iconos da música como Prince, The Rolling Stones, Caetano Veloso, Gilberto Gil ou Herbie Hancock.