Carlos Núñez

CARLOS NÚÑEZ é un músico galego recoñecido internacionalmente como un dos mellores gaiteiros. O seu carisma, enerxía e espíritu pioneiro fixérono ben popular, trascendendo os límites habituais dos seus instrumentos: gaita e flautas. Leva vendido máis de 1.000.000 discos no mundo, ten un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario aos Premios Grammy Latinos e outros moitos galardóns en todo o mundo.