Nova Web San Froilán 2017

Benvidos á web de San Froilán 2017!

Hoxe presentamos o lugar onde poderás acceder a toda a información necesaria para non perder nada. Aquí atoparás as últimas noticias, concursos, o Programa Completo de San Froilán 2017, novidades de última hora, localizacións e unha infinidade de cousas.

Ademais... podes compartir toda a información cos teus amigos cun simple clic. Compartila en Facebook, Twitter, Whatsapp etc.  Ti elixes!

Todo... nun único lugar! Totalmente accesible desde calquera dispositivo! Porque sabemos que vos gusta ter a información dispoñible esteades onde esteades.

Aínda o queres máis simple e rápido? Pois segue lendo!

 

Engade esta páxina a favoritos/marcadores no teu navegador:

  • Chrome e Mozilla: Na parte superior do navegador, pulsa na estrela e automaticamente terás a páxina gardada para acceder rapidamente a ela.
  • Android: Na parte superior do navegador... pulsa nos 3 puntos verticais, despregarase un menú e tes que seleccionar "Gardar en marcadores".  Onde pon: "Engadir lugar" poderás escoller "Marcadores" ou "Escritorio". Esta última opción, créache un icono no escritorio para que o teñas moi fácil.
  • Ios: Na parte inferior atoparás un cadrado cunha frecha para arriba, pulsa no botón, aparecerá un menú no que podes escoller a opción que máis che guste para tela rápida:  "Engadir a marcadores" ou "Engadir a pantalla de inicio". Esta última opción crearache un icono ideal para acceder directamente á web unicamente pulsando nel.

 

Que che parece? Pois aínda podes estar máis informad@!

 

Síguenos nas REDES SOCIAIS OFICIAIS de San Froilán!

 

Motivos para seguirnos nas redes sociais ademais da web?

Douche 2 fundamentais:

  • Porque aí a información é e será instantánea!
  • Porque se tes algunha dúbida? podes preguntarnos directamente e atenderémosche encantad@s.

 

Aí o deixo! Por hoxe!

Benvid@ á páxina oficial de San Froilán 2017!