Os catro aparcamentos disuasorios do San Froilán teñen capacidade para máis de 5.000 vehículos

Os catro aparcamentos disuasorios do San Froilán teñen capacidade para máis de 5.000 vehículos

Están situados nas principais vías de acceso á cidade: Campos Novos, As Termas e San Fiz

Co fin de mellorar a mobilidade, o Concello reforza as liñas de buses urbanos, prolongando por un lado os horarios e, por outro, habilitando servizos especiais entre os aparcadoiros disuasorios e o centro

Os catro aparcamentos disuasorios do San Froilán, contemplados no Plan de Tráfico e Mobilidade deseñado polo Concello con motivo das patronais, teñen capacidade para máis de 5.000 vehículos, segundo as estimacións da Policía Local, e estarán comunicadas co centro da cidade por bus urbano a través de dúas liñas especiais nos días e horas de maior afluencia de público.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, lembrou que as zonas de aparcadoiro disuasorio están nas inmediacións das principais vías de acceso á cidade: dúas na rúa Campos Novos, unha nas Termas e outra en San Fiz. Estarán debidamente sinalizadas mediante carteis para que os visitantes e a cidadanía en xeral as encontre facilmente, evitando así, na medida do posible, o acceso do vehículo privado ao centro e ao recinto feiral. De feito, o Concello solicita a colaboración cidadá pedindo aos veciños e veciñas que reduzan o uso dos coches e utilicen os catro aparcadoiros disuasorios e o transporte público.

Para iso, o Concello reforzará a liñas de buses urbanos:

- Prolongación dos horarios nas seguintes liñas:

Os días 4, 7 e 11 de outubro (vespera de festivo), as liñas 3A (Acea de Olga-Ramil), 4 (Tolda-Abella), 6 (Montirón-Residencia- A Cheda) e 7A (Gándaras- Cemiterio), prolongarán os seus percorridos habituais ata as 03:00 horas.

Os días 5, 8 e 12 (domingo e festivos), as liñas especiais 3AE (Acea de Olga-Ramil), 4E (Tolda-Abella), 5E (As Gándaras-A Campiña-Cemiterio) e 6E (Montirón-Residencia-A Cheda), prolongarán os seus percorridos habituais ata as 02:00 horas.

- Servizos especiais que comunicarán zonas dos estacionamentos disuasorios co recinto feiral os días 4, 7 e 11, dende as 22:00 ata as 03:00 horas, e os días 5, 8 e 12 dende as 12:00 as 02:00 horas.

Ruta I:

Saída da rúa Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel) cada media hora, as horas e cuarto e menos cuarto, por Xacinto Calvo, San Roque, Montero Ríos, Fontiñas, Fonte da Bica (inmediacións Policía Local), estrada da Granxa, Campos Novos, Afonso X O Sabio, Agro da Torna, avda de Magoi, Pintor Corredoira e novamente Celso Emilio Ferreiro.

Ruta II

Saída de Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel) cada media hora, ás horas e 25 e 55 minutos, por rúa Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel), Xacinto Calvo, San Roque, ronda da Muralla, avda. da Coruña, Parque da Milagrosa, Alto de Garabolos, avda. Paulo Fabio Máximo e avda. Infanta Elena (As Termas), para continuar por Paulo Fabio Máximo, Alto de Garabolos, avda. da Coruña, Parque da Milagrosa, ronda da Muralla, Porta de Santiago, República Argentina, Pintor Corredoira e remate en Celso Emilio Ferreiro.

Por outra banda, con motivo das festas patronais, o servizo de auto-taxi reforzará o número de taxis dispoñibles, concretamente nas paradas das prazas de Santo Domingo e da Constitución. Para dar un mellor servizo ás persoas usuarias do taxi, permitirase o acceso destes vehículos á zona acoutada do recinto feiral e á súa área de influencia, sempre que as condicións do tránsito peonil así o permitan.

Escoitalo audio da noticia