O Concello propón vivir o San Froilán con respecto e libre de sexismo

Ao igual que nos festexos do Arde Lucus e no Entroido, o Goberno pon en marcha unha campaña co obxecto de fomentar a importancia de cortar co machismo

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha a campaña por un San Froilán libre de sexismo, tal e como fixera nos festexos do Arde Lucus e no entroido. Trátase dunha iniciativa cuxo obxectivo é fomentar a importancia de cortar co machismo e co sexismo, incluídos tamén todos os recintos e actividades destes festexos.

A iniciativa do Goberno de Lugo, que xa reflexa nos propios programas do San Froilán que Lugo é un concello libre de agresións sexuais, pide non invadir o espazo de ninguén sen o seu consentimento e lembra que o alcohol non xustifica as condutas de abuso e que os piropos e os chistes homófobos, misóxinos, tránsfobos e lesbófos son intolerantes. Así mesmo recorda non facer comentarios e tocamentos nin calquera outro comportamento sen permiso.

270917 Abelleira-SanFroilanLibreDeSexismo.mp3

270917 Abelleira-SanFroilanSenSexismo.mp3