Modificación da parada de Bus na rúa Anxo López Pérez

O Concello de Lugo informa que durante as festas do San Froilán, as liñas dos autobuses urbanos sufrirán modificacións nos seus recorridos habituais, concretamente no que se refire ás paradas situadas nas rúas Anxo López Pérez e rúa Vilalba. Dende o momento que se desvie o tráfico na Ronda da Muralla, dende a Porta de Santiago, e non se poida circular pola rúa Vilalba cara a Ramón Ferreiro e Anxo López Pérez, por estas paradas deixarán de pasar os autobuses.

A parada máis próxima estará situada na Avenida Ramón Ferreiro, fornte ao Gran Hotel, confluencia de Pintor Corredoira con Celso Emilio Ferreiro.

Tamén hai opción de ir ata a parada de Montero Ríos, para destinos de cara ás Gándaras, Campiña, Hula, Carqueixo ou Montirón, e na Ronda da Muralla, fronte a Arenal, para destinos de cara á Avenida da Coruña, Ceao, Ramil, Abella, Piringallas, Albeiros ou a Cheda.

O horario dos cortes de tráfico estará anunciado oficialmente, pero pode haber variacións cando por razóns de seguridade a autoridade competente estime oportuno desviar o tráfico polos itinerarios alternativos.