NOVEDADES

Carmen Basadre entrega o premio ao gañador do certame Olladas de San Froilán, Jaime Pardo Valdés

A súa peza, Días de festa, unha mirada diferente do San Froilán, foi escollida por un xurado profesional o pasado 9 de novembro, entre a ducia de pezas presentadas a este concurso. O gañador recibiu un premio dotado con 1.500 euros

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou este vernes o premio ao gañador do certame Olladas de San Froilán, posto en marcha polo Concello para difundir as patronais a través do audiovisual, Jaime Pardo Valdés. A súa peza, Días de festa, unha mirada diferente do San Froilán, foi escollida por un xurado profesional o pasado 9 de novembro, entre a ducia de pezas presentadas a este concurso. O gañador recibiu un premio dotado con 1.500 euros.