Seleccionados os adxudicatarios das casetas e os caldeiros do polbo no San Froilán

A comisión avaliadora do proceso de contratación aberto polo Concello para autorizar a instalación das catro casetas e os catro caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán deste ano e o vindeiro reuniuse na mañá deste venres no Edificio Administrativo municipal para abrir as catro ofertas presentadas –Ramiro López López, Torre de Núñez e José Antonio Pouso Baranda, en representación propia e na de Pulperías Aurora e Hijos- e seleccionar as economicamente máis altas:
- Caseta 1 e caldeiro 1: José Antonio Pazo Baranda (en representación propia)
- Caseta 2 e caldeiro 2: José Antonio Pazo Baranda (en representación propia)
- Caseta 3 e caldeiro 3: Ramiro López López
- Caseta 4 e caldeiro 4: Torre de Núñez

Os prezos de saída e todas as ofertas presentadas son os seguintes (En negriña, as ofertas máis altas, polo tanto, as seleccionadas)

CASETAS

 

Prezos de saída

Caseta 1

Caseta 2

Caseta 3

Caseta 4

18.772,79€

17.700,06€

16.627,33€

16.627,33€

 

Licitador

OFERTA

OFERTA

OFERTA

OFERTA

1.- Ramiro López López

 

 

18.630€

 

2.- Torre de Núñez

 

 

 

16.628€

3.- Juan Antonio Pazo Baranda (en representación propia)

24.100€

26.200€

 

 

4.- Juan Antonio Pazo Baranda (en representación de Pulperías Aurora e Hijos)

20.772,79

 

 

 

 

CALDEIROS

 

Prezos de saída

Caldeiro 1

Caldeiro 2

Caldeiro 3

Caldeiro 4

11.714,22€

11.044,84€

10.375,46€

10.375,46€

 

Licitador

OFERTA

OFERTA

OFERTA

OFERTA

1.- Ramiro López López

 

 

11.425€

 

2.- Torre de Núñez

 

 

 

10.376€

3.- Juan Antonio Pazo Baranda (en representación propia)

15.714,22€

16.044,84€

 

 

4.- Juan Antonio Pazo Baranda (en representación de Pulperías Aurora e Hijos)

13.714,22€

 

 

 

 

Requirimento de documentación

Tal e como establecen as bases que rexen este proceso, publicadas no Perfil do Contratante, na web www.lugo.gal, unha vez seleccionadas as ofertas economicamente máis vantaxosas, requiriráselles aos licitadores que presenten estas ofertas para que, dentro do prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte a aquel no que reciban o requirimento, presenten documentación acreditativa da personalidade e capacidade de obrar, de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, copia da alta no epígrafe correspondente do IAE, de ter constituída a garantía definitiva procedente (5% do importe anual ofertado para o caldeiro e/ou caseta, copia do seguro de responsabilidade civil e declaración responsable asinada polo licitador e un proxecto técnico das instalacións (distribución, fachadas, cubertas e deseño interior), asinado por persoal técnico competente, no que se reflictan as condicións para a xustificación e cumprimento da normativa de aplicación para este tipo de actividades.

De non atenderse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado –ou de non subsanarse os defectos ou omisións advertidos no prazo concedido-, entenderase que a ou o licitador retira a súa oferta, e non se concederá a autorización ao seu favor. Procederase, nese caso, a solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte pola orde na que quedaran clasificadas as ofertas.

Para este ano, a montaxe poderase iniciar o día 14 de setembro e comezar a actividade o 3 de outubro, manténdose en funcionamento ata o día 4 de novembro. Todos os postos deberán ter visibles os prezos, que quedan fixados do seguinte xeito:

-    250 gramos de pulpo, 12 euros
-    200 gramos de pan, 1,50 euros
-    200 gramos de cachelos, 1,50 euros
-    ¾ de litro de viño de mesa, 6 euros

As casetas poderán ofrecerlle ao público outros alimentos e bebidas complementarias que non estean reguladas no prego, debendo colocar, tanto no interior como no exterior da instalación, o cadro de prezos autorizado, con cantidade, peso e volume ofertado, visado polo Concello. Para o ano 2019 os prezos poden variar dependendo do prezo do mercado do produto nese momento.