Lugo convoca a Madrid a “9 días de festa para non parar nin un minuto”: o San Froilán 2018

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, viaxou este luns ata a Casa de Galicia en Madrid, co principal propósito de darlle a coñecer á veciñanza madrileña a programación do San Froilán 2018 e convocala a estes festexos, que contemplan “9 días para non parar nin un minuto”, tal e como asegurou o pregoeiro deste ano, Manuel Lombao, quen asistiu á presentación. No acto tamén estivo presente o director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.

No transcurso do acto, con numeroso público moi participativo, entre o que se atopaba a xornalista lucense Pilar Falcón e Elías Rodríguez e o escritor Antonio Nieto; Carmen Basadre exhibiu as  festas, declaradas de Interese Tursístico Nacional, como exemplo de multiculturalidade, pois nesta edición conflúen actuacións e concertos que van dende máis de 28 bandas de Lugo, a artistas internacionais de diversos países, como por exemplo Nathy Peluso, Javiera Mena,  Myles Sanko, Marky Ramone ou Pussy Riot.

Tamén fixo fincapé na listaxe de actividades do San Froilán que recuperan a historia. Entre elas a V Feira de Gastronomía e  Artesanía (GastroArte), o desfile de gando, ou os obradoiros e demostracións artesanais que engloba o Cantiño de Nemesio Cobreros baixo o nome de Cultura e Tradición no Camiño II, que tamén acollerá actuacións musicais e exposicións de traxes tradicionais. A ofrenda floral a Rosalía de Castro, o Domingo das Mozas, que este ano corre a cargo de Pomba Luxilde ou unha verbena de antes son mostra desa recuperación da tradición que fai o San Froilán, do 4 ao 12 de outubro, cun total de máis de 280 actividades nesta edición.

Así mesmo, e por terceiro ano consecutivo, celebrarase o Día do Camiño Primitivo, o 11 de outubro, prestándolle este ano máis protagonismo os días previos ao inicio do San Froilán; pois o Concello ten organizadas dúas charlas e dúas andainas esta fin de semana, sobre esta vía de peregrinaxe xunto ao Camiño Francés.

Pola súa banda, José Ramón Ónega insistiu na convocatoria de amigos e da familia que representa o San Froilán, que non é sólo festa senón que tamén é irmandade, unha celebración festiva que une aos galegos esparcidos polo mundo, música e arte; que se xunta nun Lugo de gastronomía, pulpo e historia, que florece polos festexos.

O pregoeiro deste ano, Manuel Lombao, tamén se sumou ás palabras do que representan as festas: nostalxia, memorias  e celebración; cun “programa expectacular este ano, con 9 días para non descansar nin un minuto”. Fixo tamén unha mención á recuperación da artesanía, da música, das gastronomía, dos barrios, que fai este ano o San Froilán, ao que el mesmo dará o pistoletazo de saída, o día 4, as 20:30 horas, dende o balcón da Casa Consisorial.

Máis información das festas en www.sanfroilan.info