Lugo e Ferrol, concellos acostumados á resistencia; celebran no San Froilán a súa tradición e abren a súa fortaleza ao futuro

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este sábado os actos institucionais dedicados ao Día do Ferrol. no marco dos festexos do San Froilán, que arrincaron cunha recepción na Casa do Concello e continuaron cunha comida de confraternidade nas casetas do polbo. Xunto a rexedora, copresidiu a xornada o mandatario local ferrolá, Jorge Suárez, que se achegou a Lugo acompañado doutros membros da Corporación Municipal e de veciños e veciñas da cidade departamental.

Durante a recepción, a Alcaldesa asegurou que Lugo e Ferrol son "concellos acostumados á resistencia, que xa vén marcada pola propia historia dos Concellos, o de Ferrol atestiguado polo Castelo e o Lugo, pola Muralla". Esta fortaleza está aberta ao futuro entre ambos os dous lugares, sen esquecer o pasado, a tradición e os lazos que permanecen no tempo entre os dous municipios.

Jorgue Suárez manifestou o respecto por Méndez no que se refire ao seu talante e forma de ser e de actuar na política, unha das persoas que representa a nova forma de facer política "con tranquilidade e pausa", fóra das crispacións que ten papel primordial sobre o fondos das polícias. Tamén tivo palabras para o desenvolvemento de Lugo, que conta con Patrimonios da Humanidade, tentando Ferrol alcanzar o Ben Mundial; asegurando que debe tomar nota das formas nas que Lugo executou distintos fondos europeos, completando o Plan Urban, e contando os dous concellos coa estratexia EDUSI.

Ambos os dous rexedores defenderon o municipalismo como clave de cercanía e reivindicaron servizos, comunicacións e infraestruturas, recursos para avanzar ambos os municipios, tanto no eido urbano como rural.

Tras as intervencións fíxose un intercambio de agasallos. Lara Méndez entregou a Ferrol unha bandexa de Otero Regal e Jorge Suárez un libro sobre a fala de Ferrol e unha figura da torre do Arsenal.

3º xornada de festa

A terceira xornada das festas do San Froilán está marcada pola tradición, con citas como o San Froilán Tecedeiro, no Parque Rosalía de Castro, ou o XVI Festival de Cultural Tradicional, organizado pola asociacón Cantigas e Frores, e a participación do grupo Etnográfico de Areosa e a Asociación Etnográfica Don Sancho. A cidade prepárase para o concerto de Hombres, a partir das 20:30 horas na Praza Horta do Seminario, e o de Javiera Mena, na Praza de Santa María, ás 22:30 horas. A verbena da orquestra La Favorita e a sesión electrónica de Galician Army, Manu Chady, Frisco & Marcos Peón completan o día de hoxe.

Mañá domingo celebrarase o Domingo das Mozas. Entre a programación que o Concello ten preparada, atópase a XX Mostra de Música Tradicional, a exhibición de traxes galegos, a ofrenda floral a Rosalía de Castro, a cargo de Palomba Luxile, un concerto de bandas de musica, e as actuacións de Rozalén, Nathy Peluso + Gig Menú e a Banda Gaudí.