Grupos e artistas de Lugo serán protagonistas deste San Froilán 2019

No día de hoxe reuniuse a Comisión Especial de Festas do San Froilán, na cal os distintos grupos da Corporación presentaron as súas propostas para as vindeiras festas. Segundo a edil de Cultura, Maite Ferreiro, “estamos a traballar coas propostas que nos fixeron chegar os distintos grupos da corporación”.

Maite Ferreiro, que presidiu a xuntanza da comisión, sinalou que dende a área de Cultura estase a traballar de xeito intenso para confeccionar a programación, definir os espazos e contar con propostas novidosas para que o San Froilán deste ano esté á altura que Lugo merece

Ferreiro indicou que “os artistas do concello serán os protagonistas destas festas, nas que contaremos con máis de 50 artistas da cidade”. Segundo Maite Ferreiro, “os grupos locais actuarán como teloneiros nos concertos dos grupos máis importantes, podendo actuar así nos escenarios principais das festas”. “Estamos a escoitar todas as propostas que nos están a chegar porque imos facer desta edición do San Froilán a grande festa do outono galego” indicou Maite Ferreiro.

Audio

Maite Ferreiro comisión de festas | Descargar mp3