Tonina Gay da inicio ás actividades da semana cultural do San Froilán

A xornalista Tonina Gay foi a encargada de dar inicio no salón de plenos do Concello á semana cultural do San Froilán, que desde a área de Cultura se organizou para reactivar o sector cultural e promocionar ás agrupacións locais. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, destacou que “máis de 50 agrupacións locais actuarán nesta semana cultural”, e afirmou que “nos recintos dos concertos cumpriranse todos os protocolos emitidos polas autoridades sanitarias”.

A edil de Cultura lembrou, tamén, que seguimos estando nunha situación de emerxencia sanitaria, e pediu novamente á veciñanza “que nas reunións familiares que se produzan estes días se cumpran todos os protocolos coa mesma responsabilidade que Lugo vén demostrando nos últimos meses”.