Galir Macía gañadora do concurso de debuxo co que se escolleu o cartaz do San Froilán Miúdo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, recibiu esta mañá no concello á gañadora do concurso de debuxo co que se escolleu o cartaz do San Froilán Miúdo, Galir Macía, de 13 anos, co deseño titulado "enganchada ao San Froilán".

Maite Ferreiro entregoulle o premio, consistente nun paquete de material de pintura valorado en 300 euros.