Cancelación dos concertos de A Banda da Loba

Dende a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, comunicamos que, por motivos alleos á organización da Semana Cultural do San Froilán, os concertos de A banda da Loba previstos para o domingo 11 e o luns 12 teñen que ser anulados.
No seu lugar, incluirase unha terceira sesión de Verto o luns, 12 de outubro, na praza de Agro do Rolo, dado que foron o primeiro grupo en esgotar as entradas e a área de Cultura recibiu durante estes días múltiples solicitudes dunha nova audición, e Margarida Mariño - Cellist dará unha segunda sesión o domingo 11 en Augas Férreas.


Ambas actividades terán 150 entradas que estarán dispoñíbeis en entradaslugo.es


As entradas para A Banda da Loba non serán válidas. É necesario sacar novas entradas para os novos concertos de Verto e Margarida Mariño.


Desculpen as molestias. Grazas.