A Exposición Rexional de 1896 protagoniza o 17º San Froilán dos Devanceiros

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe o 17º libro da colección San Froilán dos Devanceiros xunto con autor, Adolfo de Abel Vilela. A obra, titulada A Exposición Rexional de 1896 conta a historia inédita até o de agora da organización e do desenvolvemento do escaparate no que se converteu Lugo sobre o grao de progreso alcanzado polas artes, a agricultura, a gandeiría e a industria.

 “Neste traballo atopamos tamén información variada e curiosa sobre o lugo da época e as aspiracións da sociedade, que quería modernizar a cidade para que estivera á altura dos tempos”, indicou Maite Ferreiro, que destacou “a incansable colaboración de Adolfo de Abel Vilela con esta serie de libros”.

 Maite Ferreiro agradeceu “esta nova colaboración para o coñecemento da historia local”, e engadiu que “desde a área de Cultura agardamos que este sexa o último San Froilán anómalo debido á pandemia, pero ao mesmo tempo que sexa o limiar do tempo novo que todas e todos desexamos vivir con normalidade”.