San Froilán 2021, entradas para os concertos e Miúdo

 
ENTRADAS San Froilán, conta atrás... Dispoñibles venres 01/10 - 16:00 horas.

Entradas gratuítas a todos os eventos. Cada persoa poderá retirar un máximo de dúas entradas para cada concerto, e tres para os espectáculos do San Froilán Miúdo.
 
 
ENTRADAS

Naquelas actividades con Reserva previa de entrada será preciso dispoñer dunha para acceder ao recinto.

As entradas para as diferentes actividades que a requiran poderanse adquirir de xeito gratuíto na web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo (praza do Campo, 11).

A reserva de entradas web ou na Oficina de Turismo funcionará ata 1 hora antes do comezo das actividades.

Cada usuario poderá retirar un máximo de 2 entradas por actividade.

As entradas terán validez ata 5 minutos antes da hora oficial de comezo do espectáculo. Chegado este momento, estas entradas deixarán de ter validez e procederase a completar a cabida do recinto con aquelas persoas que agarden para poder
acceder ao mesmo na cola habilitada para tal efecto.

As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada, poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso dos tapabocas.

Deberán seguirse as indicacións dos acomodadores e acomodadoras de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.

Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. E no caso de abandonar o mesmo no transcurso da actuación, non se poderá volver entrar; e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa por motivos sanitarios.

Rexistro de entrada para actuacións das orquestras a través da seguinte plataforma: https://www.orquestasdegalicia.es/generador-qr
Nesta plataforma, metes os teus datos e xérase un código QR cos teus datos encriptados.
Aquelas persoas que queiran acudir as actuacións das orquestras terán que xerar ese código QR desde esa plataforma ou poderán xeralo á entrada do evento escaneando ali o código QR que estará a disposición do público que se achegue.
A cabida total será de 500 persoas de pé.
 
ENTRADAS e CONDICIÓNS DE ACCESO SAN FROILÁN MIÚDO.

Para poder entrar aos recintos de concertos ou aos espectáculos do San Froilán Miúdo será preciso dispoñer dunha entrada que se poderá retirar de xeito gratuíto no portal de entradas da área de Cultura (entradaslugo.es) ou na Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo ata unha hora antes de cada evento.

Cada persoa poderá retirar un máximo de dúas entradas para cada concerto, e tres para os espectáculos do San Froilán Miúdo.

As entradas poderá utilizarse ata 15 minutos antes da hora de comezo de cada actividade. A partir dese momento, a cabida do recinto poderá completarse coa xente que se achegue sen entrada, na zona de agarda habilitada para tal efecto.

As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada, poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara, segundo as indicacións das autoridades sanitarias.

As persoas asistentes deberán seguir en todo momento as indicacións do persoal de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.

Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. No caso de saír do espazo durante a actuación, non se poderá volver entrar; e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa.