Lugo vivirá un Domingo das Mozas especial

Un programa cheo de actividades festivas e culturais agarda a lucenses e visitantes este Domingo das Mozas 2021:

11.00 h. O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro. Das 11:00 horas ata ás 13:30 horas e das 17:00 horas ás 21:00 horas pola tarde.

11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.

11.30 h. XXIII Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas coas actuacións polo recinto histórico de: @SRETORCID@S , AS FALAS EONAVIEGAS, A GAITA DE GALLETO, BERROS DO CASTRO, DE PÉ FEITO, LUBICÁNS, P A N D E I R E T E I R A S E R G U T Í O , PANDEIRETEIROS DE CÁNTIGAS E FRORES, PARAÍSO CANTO, SADEO PANDERETEIRAS, SILVA REDONDA, SON GALEGO TREBOADA, TUMBA E DALLE.

12.00 – 20.00 h. Cultura e Tradición no Camiño V a cargo de TRAXANDAINA no Vello Cárcere. Coas demostracións de cestería a cargo de Carmen Fieiras, de confección de corozas por Álvaro M. Leiro e de tear da man de Traxandaina.

12.00 – 22.00 h. San Froilán máxico no teu barrio (praza do Castiñeiro). O MAGO ANTÓN. Oito actuacións co seguinte horario; Ás 12h, ás 13h, ás 17h, ás 18h, ás 19h, ás 20h, ás 21h e ás 22h.

12.00 h. Os Pelúdez entre nós polo recinto histórico.

12.30 h. Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Nieves Neira Roca, coa participación do grupo BERROS DO CASTROno parque Rosalía de Castro.

12.30 h. “CIRCO KRASNOVORAK” de Troula animación. Espectáculo itinerante polo recinto histórico. Saída da praza San Marcos. En caso de choiva na carpa do San Froilán Miúdo.

13.00 h. Concerto de ACORDEIRETA (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María.

13.00 h. Concerto de RACHEL & THE BLUE BATONS (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario.

17.00 h. O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata ás 21.00 h.

17.30 h. XXIII Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas coas actuacións polo recinto histórico de: @SRETORCID@S , AS FALAS EONAVIEGAS, A GAITA DE GALLETO, BERROS DO CASTRO, DE PÉ FEITO, LUBICÁNS, P A N D E I R E T E I R A S E R G U T Í O , PANDEIRETEIROS DE CÁNTIGAS E FRORES, PARAÍSO CANTO, SADEO PANDERETEIRAS, SILVA REDONDA, SON GALEGO TREBOADA, TUMBA E DALLE.

18.00 h. Concertos de LULAVAI + COMANDO CURUXÁS (Entrada libre) dentro da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas no escenario da praza de Santa María.

20.00 h. Concerto de BANDA DE MÚSICA SONS E SOÑOS (Entrada libre) no escenario da explanada do Auditoiro Municipal Gustavo Freire.

21.00 h. Concerto de GUADI GALEGO (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.

21.00 h. Concerto de TRINITÁ (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario.

22.00 h. Concerto de ÁNGEL STANICH (Reserva previa de entradas) no escenario da Horta do Seminario

 

ENTRADAS

Naquelas actividades con Reserva previa de entrada será preciso dispoñer dunha para acceder ao recinto.

As entradas para as diferentes actividades que a requiran poderanse adquirir de xeito gratuíto na web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo (praza do Campo, 11).

A reserva de entradas web ou na Oficina de Turismo funcionará ata 1 hora antes do comezo das actividades.

Cada usuario poderá retirar un máximo de 2 entradas por actividade.

As entradas terán validez ata 5 minutos antes da hora oficial de comezo do espectáculo. Chegado este momento, estas entradas deixarán de ter validez e procederase a completar a cabida do recinto con aquelas persoas que agarden para poder
acceder ao mesmo na cola habilitada para tal efecto.

As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada, poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso dos tapabocas.

Deberán seguirse as indicacións dos acomodadores e acomodadoras de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.

Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. E no caso de abandonar o mesmo no transcurso da actuación, non se poderá volver entrar; e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa por motivos sanitarios.

Rexistro de entrada para actuacións das orquestras a través da seguinte plataforma: https://www.orquestasdegalicia.es/generador-qr
Nesta plataforma, metes os teus datos e xérase un código QR cos teus datos encriptados.
Aquelas persoas que queiran acudir as actuacións das orquestras terán que xerar ese código QR desde esa plataforma ou poderán xeralo á entrada do evento escaneando ali o código QR que estará a disposición do público que se achegue.
A cabida total será de 500 persoas de pé.