Nieves Neira realiza a tradicional Ofrenda a Rosalía de Castro do Domingo das Mozas

 

A xornalista local Nieves Neira foi a encargada de realizar hoxe a Ofrenda Floral a Rosalía de Castro, actividade que este ano cumpriu o seu 50 aniversario no Domingo das Mozas.

A corporación municipal, xunto coa oferente, Nieves Neira, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, saíron da Casa Consistorial ata o Parque de Rosalía acompañados da agrupación de música tradicional Berros do Castro, procedentes de Ferrolterra, e que foron os encargados de interpretar o himno galego ao remate do acto.

Nieves Neira (Lugo, 1983) é licenciada en xornalismo e actualmente escribe a súa tese de doutoramento en teoría da literatura na USC. Traballa no diario El Progreso desde o ano 2013. No ano 2020 gañou o premio Johán Carballeira de Xornalismo pola reportaxe ‘A fotografía, revelada’, onde aborda a vida de Maruja Roca, pioneira da fotografía galega, sobre a que escribiu un libro con aCentral Folque. Neira forma parte da Asociación para a promoción das artes escénicas 3monos e do padroado da fundación Uxío Novoneyra.

Podes ler o texto integro da ofrenda nesta ligazón