Esther Eiros será a pregoeira do San Froilán 2022

A comisión de festas aprobou por unanimidade que a xornalista sexa a pregoeira desta edición das festas

A xornalista Esther Eiros (Bretoña, 1946) comezou a súa actividade no ano 1970, presentando diversos programas na Radio Miramar.

No 75 desprazouse a París, onde traballou como autónoma, e no 78 estableceuse en Madrid, adicándose á información política nos informativos da Radio Miramar.

Entre o 81 e o 90 dirixiu diversos programas en Radio 5 e Radio Cadena Española.

Desde o 1993 ata a actualidade, dirixe o programa Gente Viajera de Onda Cero, programa co que gañou a medalla de Turismo da Generalitat de Catalunya en 1992, o premio ONETE de Información Turística no 1997 e o premio APEI-PRTV da Asociación Española de Prensa, Radio e Televisión no 1998.

Posúe tamén dúas Antenas de Ouro e gañou nos anos 2004 e 2006 o Micrófono de Ouro.

A comisión de Festas está composta por 8 integrantes, 3 en representación do grupo municipal Socialista, 2 do Popular, 2 do Bloque Nacionalista Galego e 1 en representación de Ciudadanos, ademais do xefe de Servizo de Cultura, que actúa como secretario da Comisión.