Melania Cruz oferente a Rosalía no San Froilán 2023

A actriz Melania Cruz (Lugo) conta cunha importante traxectoria en cinema, televisión e teatro.

Comezou a súa carreira no teatro afeccionado, antes de obter o título en ensinanza superior pola Escola Superior de Arte Dramática de Galiza, e adícase profesionalmente á interpretación desde o ano 2009, formando parte de diversas compañías teatrais ata que se adentrou no cinema e na televisión.

Conta con dous premios Mestre Mateo (3 nomeamentos), 1 premio María Casares (4 nomeamentos), o Premio Cinema Galego do Festival Internacional de Cine de Bueu no 2020 ou o Premio da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas do 2022.

É unha das 10 lucenses do ano escollidas polo xornal El Progreso para o 2023.