Descargar Programa Completo Programa completo das festas
Descargar Cartel San Froilan 2009 Cartel San Froilán 2009
Descargar Cartel San Froilanciño 2009 Cartel San Froilanciño 2009







Noticias San Froilán 2009

10/10/2009

A ofrenda a Rosalía de Castro e a Mostra do Traxe do Tradicional Galego centran a programación do Domingo das Mozas

O programa de actividades conmemorativas do Domingo das Mozas arrinca ás 11:00 horas coa apertura da porta da Estación a cargo do Ministro de Fomento, José Blanco.

Ás 12:00 horas comezará a actividade na zona xogos do San Froilanciño na carpa instalada no patio do Edificio Administrativo do Concello. Os nenos poderán gozar nesta instalación de actividades como a exhibición de danza do alumnado de grao elemental do Conservatorio Profesional de danza de Lugo: Contos de Danza e Con Experimenta Danza: Xogando coa arte. Pola tarde os máis pequenos contarán con actuacións de humor, maxia e pompas de xabrón, así como dunha actuación de monicreques a cargo de Títeres Trompicallo que representarán Violeta Coletas.

A Casa Consistorial acollerá ás 12:00 horas a recepción oficial aos participantes na Mostra do Traxe Tradicional "Amigos do Traxe" de Santiago de Compostela e "María Castaña" de Lugo. A continuación, terá lugar o paseo e exhibición desde o Concello ata o Parque de Rosalía de Castro onde se realizará a tradicional ofrenda á ilustre poetisa que este ano realizará a Presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU), Purificación López Ferreiro.

Os melómanos poderán gozar da súa aficción co concerto que ofrecerá a Banda Municipal de Música a partir das 13:30 horas no Templete da Praza Maior.

Ás 17:00 horas empezará a soar a animación na rúa co repertorio de pasarrúas de distintos grupos de música tradicional galega polo recinto histórico.

Chegando a noite comezarán os grandes concertos do día. O primeiro deles será o da mallorquina María del Mar Bonet que a partir das 20:30 horas encherá a praza de Santa María de sons do Mediterráneo.

Tomará o relevo o mítico grupo granadino Los Planetas, un dos grupos máis relevantes dos últimos 15 anos no pop español que presentarán ante o público lucense os temas do seu último disco Principios de astronomía. A cita será ás 22:30 horas na praza Horta do Seminario.

A música non decae neste San Froilán 2009 e ás 23:00 horas comezará a verbena na Praza Maior a cargo da orquestra Costa Oeste.

San Froilán deportivo
O Domingo das Mozas engloba un bo número de actividades deportivas ao longo da xornada.

A festa do deporte comezará as 10:30 co trofeso San Froilán de Radio Control na pista de Radio Control de Frigsa organizada polo Club RC Lugo e continuará as 11:00 no campo de voo das Gándaras co Festival de Aeromodelismo San Froilán.

Ás doce do mediodía serán dous os deportes protagonistas: o balompié co V Memorial de Fútbol Ricardo Gómez no campo municipal da Cheda e o hockei co XII Torneo Hockei Liña Cidade de Lugo no polideportivo municipal da Piringalla.

Pola tarde continuará o deporte co VII Open San Froilán de Tenis no Club Fuvial.


Engadir a favoritos

Castellano | Galego
Entradas á venda en Caixanova
inicio   |   Concertos   |   Programa   |   Sanfroilanciño   |   Deportes   |   Plano   |  
Diseño y programación: Desarrollos Lugonet, S.L.