Bota a andar Cultura e Tradición no Camiño II, o recuncho máis tradicional do San Froilán

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este luns a carpa de Cultura e Tradición no Camiño, que por segundo ano, acolle o Cantiño de Nemesio Cobreros, ao lado do Vello Cárcere. Ao longo desta semana, neste espazo haberá distintos obradoiros, demostracións artesanais, exposición de traxes e actuacións...

Leer más

O Domingo das Mozas berra contra a violencia machista e enxalza a cultura de Lugo

Lugo goza hoxe da xornada con máis devoción á cultura do San Froilán, coa celebración do Domingo das Mozas; que marca a Ofrenda a Rosalía de Castro. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu a recepción á Asociación do Traxe Galego e Traxandaina, que participou por primeira vez, xunto ao colectivo anterior, no desfile de traxe tradicional que acolleu a Praza Mairo, tanto de traxes de garde como...

Leer más