Utiliza os aparcadoiros disuasorios! 

Haberá dous en Campos Novos, un en As Termas e outro en Sanfiz.

Trátase de servizos especiais con ocasión das festas que conectarán as zonas dos aparcadoiros disuasorios co recinto feiral do seguinte xeito:

Días 4, 6 e 11 (vespera de festivo, dende as 22:00 ata as 03:00 h)

Días 5, 7 e 12 (domingo e festivos, dende as 12:00 ata as 02:00 h)

 

RUTA 1 - AUTOBÚS

Saída da rúa Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel) cada media hora, as horas e cuarto e menos cuarto, por Jacinto Calvo, San Roque, Montero Ríos, Fontiñas, Fonte da Bica (inmediacións Policía Local), estrada da Granxa, Campos Novos, Alfonso X O Sabio, Agro da Torna, avda de Magoi, Pintor Corredoira e novamente Celso Emilio Ferreiro.

RUTA 2 - AUTOBÚS

Saída de Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel) cada media hora, ás horas e 25 e 55 minutos, por rúa Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel), Jacinto Calvo, San Roque, ronda da Muralla, avda. da Coruña, Parque da Milagrosa, alto de Garabolos, avda. Paulo Fabio Máximo e avda. Infanta Elena (As Termas), para continuar por Paulo Fabio Máximo, alto de Garabolos, avda. da Coruña, Parque da Milagrosa, ronda da Muralla, porta de Santiago, República Argentina, Pintor Corredoira e remate en Celso Emilio Ferreiro.