DOMINGO 12

DOMINGO 12 (Domingo das mozas).

10.30 h. Inauguración da “Volta ao Medievo” ao carón da Catedral de Santa María. Feira Medieval organizada pola Asociación de antigas alumnas e alumnos da escola de Arte e Superior de deseño Ramón Falcón. Actuacións musicais, desfiles, xogos e máis até as 22.00h.

11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.

11.00 h. 53ª Edición do Desfile do traxe galego na praza Maior con Cántigas e Frores.

11.30 h. XXVII Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, polo recinto histórico. Das 11:30h ás 13.45h e das 17.00h ás 18.00h. Participan: Sadeo pandeireteiras, Senfol gaiteiros, Par de Par, Gaiteiros da Ría, Sons de Abrente, Maghúa Pandeireteiros, Os Fondaos do Pífaro, Pingarela, Os Monifates e Tumba e Dalle

12.00 h. Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Branca Villares no Parque de Rosalía de Castro. Coa actuación musical do Coro de Cántigas e Frores.

12.30 h. Concerto de: Banda de música municipal de A Estrada na praza San Marcos.

13.00 h. FACELA FEST NO SAN FROILÁN. Sesión musical cos DJ FACELA na praza da Mosqueira até ás 14.30h.

13.00 h. “Os cegos no Camiño” Encontro de romanceiros medievais, cegos e Lazarillos procedentes de toda Galiza na rúa San Pedro, Bo Xesús, praza Maior, praza do Campo e praza Pío XII.

17.30 h. Espectáculo itinerante “TRANSHUMANCIA” de Xip Xap Teatre. Espectáculo itinerante teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.

18.00 h. Concerto de AS LAGHARTEIRAS na praza Santa María.

19.30 h. Espectáculo itinerante “TRANSHUMANCIA” de Xip Xap Teatre. Espectáculo itinerante teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.

19.00 h. “Os cegos no Camiño” Encontro de romanceiros medievais, cegos e Lazarillos procedentes de toda Galiza na rúa San Pedro, praza Maior, praza do Campo e Bo Xesús.

19.00 h. Concerto de ABRIL na praza da Mosqueira.

20.00 h. Concerto de FIANDOLA na praza Santa María.

21.00 h. Concerto de LOITA AMADA na praza da Mosqueira.

22.00 h. Concerto de GUADI GALEGO na Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Laura LaMontagne.

23.00 h. Verbena coa orquestra ACORDES na praza Maior.