MERCORES 11

MÉRCORES 11 - SAN FROILÁN 2023

12.00 h. VII Cultura e tradición no Camiño a cargo de Traxandaina. Demostracións de; fiado, palillado e bordado ao aire. Das 12h ás 20h no Centro Cultural O Vello Cárcere.

11.30 h. Pasarrúas de Foliada de Bosende pola rúa Quiroga Ballesteros, Mercado Municipal, Praza de Abastos e praza Santo Domingo.

17.00 h. SIDULFO E O DIAÑO Espectáculo de guiñol para público familiar de TRÉCOLA PRODUCIÓNS na praza Maior (diante da Casa do Concello).

17.00 h. ESPAZO HIP HOP na praza da Mosqueira. Das 17h ás 2.00h coas actuacións de; DENOM, SAMUEL SLZR, EIVY J + ZAIDBREAK Cos artistas locais; Diego, Xosé Maceda e Ünder, Batallas de galos, caricaturas, baile con Stardance e graffiti con Trecetrazos.

Os concertos comezan a partir das 21:00 horas.

19.00 h. Pasarrúas de Nubeiro pola rúa Quiroga Ballesteros, praza Santo Domingo, rúa Doutor Castro, praza Maior e rúa Bispo Aguirre.

20.30 h. Xigantes e cabezudos + BLOCO MEIGALLO na praza Maior.

21.00 h. Concerto de PONGO na praza Santa María. Ás 20h Teloneiros: Branca Villares e Pablo Pintor con Proxecto Consoante; Canta, miña compañeira.

21.30 h. Actuación da charanga LOUBAND polo recinto histórico, zona dos viños e Tineria.

22.00 h. Concerto de LA M.O.D.A na Horta do Seminario. Ás 21h Teloneiros: Trinitá.

23.00 h. Concerto de VIVA BELGRADO na praza Santa María.

23.00 h. Verbena coa orquestra COSTA DORADA na praza Maior.

00.30 h. A DUENDENETA na praza da Soidade.