XOVES 05

XOVES 5 - SAN FROILÁN 2023

10.00 h. II Feira de Olería Lugo Tradicional (FOLT) na praza Santo Domingo (fronte a Praza de Abastos) até ás 21.00h.

11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.

12.00 h. Ofrenda da Corporación a San Froilán, na Catedral de Lugo.

12.00 h. Pasarrúas de Os Trastiños do Castelo por Albeiros e As Gándaras.

12.30 h. WOOOW. Espectáculo para público familiar por TEATRO C´ART na praza Maior.

12.30 h. Concerto de AIRIÑOS DE ORBAZAI na praza Santa María.

12.30 h. Os Pelúdez entre nós pola praza Maior e o recinto feiral.

13.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO: na praza Agro do Rolo (zona A Milagrosa).

13.00 h. Concerto de GUZMÁN GROUP na praza da Mosqueira.

13.00 h. Pasarrúas de Foliada de Bosende pola praza Mártires de Carral, rúas Dinán e San Roque ata Montirón.

13.00 h. Pasarrúas de Arrincadeira Folk por Recatelo, Puro Cora, Vila de Foz e recinto feiral.

13.30 h. Sesión vermú A DUENDENETA , lateral Casa do Concello/ praza Anxo Fernández Gómez.

17.30 h.. WOOOW. Espectáculo para público familiar por TEATRO C´ART na praza Maior.

18.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO na praza Agro do Rolo (zona A Milagrosa). Pases ás 18, 19.30 E 21h.

18.00 h. Verbena galega d’antes. Espectáculo participativo coa actuación de Airiños da Freba e bailador@s de Oxeito, cantos de cego, concurso de forzudos e forzudas, concurso de baile galego por parellas e obradoiro aberto para aprender os bailes da verbena con Xabier Iglesias na praza Maior (Templete).

19.00 h. Pasarrúas de Cántigas e Frores por Recatelo, Puro Cora e Recinto Feiral.

19.00 h. Pasarrúas de Caivanca pola praza Mártires de Carral, San Pedro, Progreso, San Marcos e Rúa Nova.

19.30 h. Pasarrúas de Foliada de Bosende pola avenida da Coruña, desde a Medusa, polas prazas Viana do Castelo e Agro do Rolo.

20.00 h. Concerto de MONSTERSFLESH na praza da Mosqueira.

20.00 h. Pasarrúas de Nubeiro polo Campo Castelo, San Pedro, Raíña e Santo Domingo.

21.00 h. Concerto de SHEGO na praza Santa María.

22.00 h. Concerto de ELÍADES OCHOA: 25 Anos de Buena Vista Social Club na praza Horta do Seminario. Ás 21h Teloneiros: ABYA YALA.

22.00 h. Verbena coa orquestra CINEMA + Cantantes Extraordinarios na praza de Augas Férreas.

23.00 h. Concerto de DUPLA na praza Santa María