VENRES 08

12.00 – 20.00 h. Cultura e Tradición no Camiño V a cargo de TRAXANDAINA no Vello Cárcere. Con Miguel Mosquera, pito pastoril, e demostración do fiado de liño e lá a cargo de Bolboreta Fiandeira e de tear da man de Traxandaina.

13.00 h. Pasarrúas de música tradicional do grupo ENTRE LUSCO E FUSCOpor Augas Férreas.

17.00 h. “RATS” de Campi Qui Pugui. Espectáculo itinerante polo recinto histórico. Saída da praza de San Marcos.

17.00 h. ESPAZO HIP HOP (Entrada libre). Batalla de galos coas actuacións de; CARISMA + DURY e Concerto coas actuacións de TEKILAS, BEAUTY PIKETE, IAGHOST, LA NASA, DANI DARKO, HAPPY004, KRK002 E L ́HAINE, na Explanada do Auditorio Municipal Gustavo Freire.

19.00 h. “RATS” de Campi Qui Pugui. Espectáculo itinerante polo recinto histórico. Saída da praza de San Marcos.

20.00 h. Os Pelúdez entre nós polo recinto histórico.

20.00 h. Pasarrúas de música tradicional do grupo FOLIADA DE BOSENDE pola praza Maior e recinto histórico.

20.00 h. Pasarrúas de música tradicional do grupo BIOUTEIRO ASTELU polo Castiñeiro.

20.00 h. Concerto de LOS ZORROS (Entrada libre) no escenario da praza de Santa María.

20.30 h. Actuación da ORQUESTRA MARBELLA na praza de Augas Férreas.

21.00 h. Concerto de CORIZONAS (Reserva previa de entradas) no escenario da praza de Santa María.

21.00 h. Concerto de THE CORPORATION (Entrada libre) no escenario da Horta do Seminario.

22.00 h. Concerto de BAIUCA (Reserva previa de entradas) no escenario da Horta do Seminario.

ENTRADAS

Naquelas actividades con Reserva previa de entrada será preciso dispoñer dunha para acceder ao recinto.

As entradas para as diferentes actividades que a requiran poderanse adquirir de xeito gratuíto na web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo (praza do Campo, 11).

A reserva de entradas web ou na Oficina de Turismo funcionará ata 1 hora antes do comezo das actividades.

Cada usuario poderá retirar un máximo de 2 entradas por actividade.

As entradas terán validez ata 5 minutos antes da hora oficial de comezo do espectáculo. Chegado este momento, estas entradas deixarán de ter validez e procederase a completar a cabida do recinto con aquelas persoas que agarden para poder
acceder ao mesmo na cola habilitada para tal efecto.

As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada, poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso dos tapabocas.

Deberán seguirse as indicacións dos acomodadores e acomodadoras de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.

Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. E no caso de abandonar o mesmo no transcurso da actuación, non se poderá volver entrar; e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa por motivos sanitarios.

Rexistro de entrada para actuacións das orquestras a través da seguinte plataforma: https://www.orquestasdegalicia.es/generador-qr
Nesta plataforma, metes os teus datos e xérase un código QR cos teus datos encriptados.
Aquelas persoas que queiran acudir as actuacións das orquestras terán que xerar ese código QR desde esa plataforma ou poderán xeralo á entrada do evento escaneando ali o código QR que estará a disposición do público que se achegue.
A cabida total será de 500 persoas de pé.