Luns 12

11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.

13.00 h. Concerto itinerante de Brassica Rapa pola praza Maior, rúa Conde Pallares, Armanyá, praza da Soidade, Santo Domingo, Raíña, praza de Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo.

13.00 h. Concerto de Holy Danm no escenario Ponte Romana, no parque do Miño, ao lado do Pazo
de Feiras.

13.00 h. Concerto de Vía Per Loka no escenario do Castiñeiro.

13.00 h. Concerto de Man de Santo no escenario de Augas Férreas.

13.00 h. Concerto de Sound Sisters no escenario de Agro do Rolo.

13.00 h. Concerto de Old Grads no escenario da praza do Camiño Primitivo.

13.00 h. Concerto de Vrásica no escenario da Horta do Seminario.

18.00 h. Pasarrúas de música tradicional do grupo Reviravolta polas Fontiñas.

18.00 h. Pasarrúas de música tradicional do grupo Arrincadeira Folk pola Milagrosa.

18.00 h. Pasarrúas de música tradicional do grupo As Vikingas pola Ponte Romana.

18.00 h. Pasarrúas de música tradicional do grupo Os Trastiños de Castelo polo Castiñeiro.

18.00 h. Pasarrúas de música tradicional do grupo Os Valuros polo recinto histórico.

20.00 h. Concerto itinerante de Brassica Rapa + cabezudos pola praza Maior, rúa Conde Pallares, Armanyá, praza da Soidade, Santo Domingo, Raíña, praza de Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo.

21.00 h. Concerto de Candorka no escenario Ponte Romana, no parque do Miño, ao lado do Pazo
de Feiras.

21.00 h. Concerto de Xoana no escenario do Castiñeiro.

21.00 h. Concerto de Moura no escenario de Augas Férreas.

21.00 h. Concerto de A Banda da Loba no escenario de Agro do Rolo. CANCELADO - O CONCERTO SERÁ DE VERTO 

21.00 h. Concerto de Margarida Mariño no escenario da praza do Camiño Primitivo.

21.00 h. Concerto de Bruno Villamor e Convidados no escenario da Horta do Seminario.

 

ENTRADAS e CONDICIÓNS DE ACCESO RECINTOS MUSICAIS SEMANA CULTURAL SAN FROILÁN 2020:

É preciso dispoñer dunha entrada para acceder ao recinto. Todas as persoas (de 0 a X anos) deben ter entrada. 

As entradas para as diferentes actividades poderanse adquirir de xeito gratuíto na web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo (praza do Campo, 11).

A reserva de entradas web ou na Oficina de Turismo funcionará ata 1 hora antes do comezo das actividades.

Cada usuario poderá retirar un máximo de 2 entradas por actividade.

As entradas terán validez ata 15 minutos antes da hora oficial de comezo do espectáculo. Chegado este momento, estas entradas deixarán de ter validez e procederase a completar a cabida do recinto con aquelas persoas que agarden para poder acceder ao mesmo na cola habilitada para tal efecto.

As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada, poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso dos tapabocas.

Deberán seguirse as indicacións dos acomodadores de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.

Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. E no caso de abandoar o mesmo no transcurso da actuación, non se poderá volver entrar; e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa por motivos sanitarios.