Descargar Programa Completo Programa completo das festas
Descargar Cartel San Froilan 2009 Cartel San Froilán 2009
Descargar Cartel San Froilanciño 2009 Cartel San Froilanciño 2009







Publicacións San Froilán




» Libros publicados polo Concello nas festas do San Froilán
Nuevo libro de la colección SAN FROILÁN DOS DEVANCEIROS
J. Luis Calvo, Yago Rodríguez Yáñez
A festa máis fermosa do outono galaico
Ano 2009

A festa máis fermosa do outono galaico

J. Luis Calvo, Yago Rodríguez Yáñez: A festa máis fermosa do outono galaico.
Novo libro da colección SAN FROILÁN DOS DEVANCEIROS
Antonio de Cora, Juan Ramón Somoza, Purificación de Cora, Xosé Trapero, Xosé de Cora
Pelúdez O libro
1908-2008
Cen anos de sanfreiláns contados por el mesmo

Ano 2008

O 17 de agosto de 1908 saía á rúa o primeiro número de El Progreso, o xornal agora centenario. E xa polo San Froilán do mesmo ano apareceu nas súas páxinas o personaxe Pelúdez, un labrego que desde aquela, e da man de cinco sucesivos cronistas, espallaría os seus comentarios humorísticos sobre o día a día das máis fermosas festas do outono galego, e tamén sobre os diferentes aconteceres do ano que, dalgún xeito, recapitulaba coa súa característica retranca.


Pelúdez e a súa familia convertéronse en figuras típicas e simbólicas do San Froilán de Lugo. Con ocasión do seu centenario sae este libro que recompila unha ampla representación das crónicas peludecianas dun século, pero agora contadas en primeira persoa polo propio Pelúdez, convertido en cronista de si mesmo grazas á pluma, ou ao ordenador, de Xosé de Cora, o xornalista de El Progreso que está actualmente ao seu servizo durante as festas do San Froilán.


Prezo: 3 euros. Á venda na Oficina Municipal de Turismo (praza do Campo, 11).

Pelúdez O libro

Antonio de Cora, Juan Ramón Somoza, Purificación de Cora, Xosé Trapero, Xosé de Cora: Pelúdez O libro. 1908-2008. Cen anos de sanfreiláns contados por el mesmo (San Froilán, 2008).

Darío Xohán Cabana
Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo (San Froilán, 1959)
Ano 2007

No ano 1959 o uso da lingua galega no teatro estaba limitado ó folclore. Neste difícil panorama, un grupo de lucenses conseguiu introducir no programa das festas do San Froilán dese ano, como acto de prestixio para o Domingo das Mozas e Día de Ferrol, a representación dunha fermosísima traxedia do gran Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca.

Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo - Darío Xohán Cabana

Darío Xohán Cabana: Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo (San Froilán, 1959).
Nuevo libro de la colección SAN FROILÁN DOS DEVANCEIROS
Fernando Arribas Arias
O cinematógrafo nas festas de San Froilán de Lugo (1898-1930)
Ano 2006

O cinematógrafo foi presentado en público polos irmáns Lumière en París a finais do ano 1895, e inmediatamente estendeuse por todo o mundo. En Lugo o cine viuse por primeira vez en xullo de 1897, menos de dous anos despois da estrea parisiense.

Pero a verdadeira introdución e divulgación do cine en todos os ámbitos sociais da nosa cidade está vinculada ás festas de San Froilán, que desde o ano 1898 o tiveron como un dos seus números fortes. Neste número 3 da colección San Froilán dos devanceiros Fernando Arribas conta cronoloxicamente a pequena historia das proxeccións cinematográficas nas feiras e festas patronais de finais do século XIX e principios do XX, o que nos permite imaxinar o asombro dos nosos devanceiros ante este invento revolucionario, destinado a ampliar inmensamente a imaxe do mundo en todas as persoas.

CO cinematógrafo nas festas de San Froilán de Lugo - Fernando Arribas Arias

Fernando Arribas Arias: O cinematógrafo nas festas de San Froilán de Lugo (1898-1930).

Domingo L. González Lopo
Froilán de Lugo
Ano 2005

Este ano cúmprense once séculos exactos do pasamento de San Froilán, ocorrido o 5 de outubro do 905. Para conmemoralo, publicamos o libro Froilán de Lugo do profesor González Lopo sobre a vida do santo e a historia do seu culto. Trátase dunha obra de lectura moi amena e ó mesmo tempo de gran rigor científico, destinada a permanecer como un fito no acervo cultural da cidade natal de Froilán.

Froilán de Lugo - Domingo L. González Lopo

GONZÁLEZ LOPO, Domingo L.: Froilán de Lugo. Biografía e culto dun home santo (ensaio de revisión haxiográfica).
Darío Xohán Cabana
A chegada a Lugo do primeiro tren
Ano 2005

O 5 de outubro de 1875 chegou a Lugo o primeiro tren, inaugurando así o ferrocarril de Lugo á Coruña. Un libro de Darío Xohán Cabana conta o complicado proceso de construción deste camiño de ferro, trascendental para o desenvolvemento da nosa cidade, e tamén para o auxe das feiras e festas do San Froilán.




A chegada a Lugo do primeiro tren - Darío Xohán Cabana

CABANA, Darío Xohán: A chegada a Lugo do primeiro tren (San Froilán, 1875). Colección San Froilán dos devanceiros, nº 2

A. Cabana Outeiro, M. P. Rodríguez Suárez e M. Vázquez Bertomeu
250 anos das feiras do San Froilán
Ano 2004
Catálogo da exposición do mesmo nome

descargar libro

Froilán de Lugo - Domingo L. González Lopo

A. CABANA OUTEIRO, M. P. RODRÍGUEZ SUÁREZ e M. VÁZQUEZ BERTOMEU: 250 anos das feiras do San Froilán
Javier Serrano Alonso
Emilia Pardo Bazan en Lugo (San Froilán, 1906)
Ano 2004





A chegada a Lugo do primeiro tren - Darío Xohán Cabana

SERRANO ALONSO, Javier: Emilia Pardo Bazan en Lugo (San Froilán, 1906)
Á venda na Oficina Municipal de Turismo (prezo, 3 euros)


Engadir a favoritos

Castellano | Galego
Entradas á venda en Caixanova
inicio   |   Concertos   |   Programa   |   Sanfroilanciño   |   Deportes   |   Plano   |  
Diseño y programación: Desarrollos Lugonet, S.L.