RAQUEL ARIAS RODRÍGUEZ
Nacida en Proendos, Sober, o día 2 de abril de 1966. Está casada e ten dous fillos.
Periodista de profesión, realizou os seus estudios na Universidade Complutense de Madrid, cidade na que escribiu en diferentes revistas relacionadas co mundo dos seguros e impartiu clases de comunicación.
De volta a Galicia, traballou durante tres anos como redactora de informativos na Radio Galega de Santiago. Con anterioridade traballou na Radiocadena Española e Radio Nacional de España.
En prensa escrita colaborou con periódicos como “El Progreso” e “La Voz de Galicia”. Foi corresponsal de “El Mundo-Galicia” para a provincia de Ourense desde a súa creación ata maio de 1996. Desde esa data e ata 1999 foi responsable do gabinete de prensa do Concello de Monforte de Lemos.
Tamén exerceu diversos cargos intitucionais en diferentes estamentos dentro do PP.
O ano 1999 foi elixida Alcaldesa de Sober, cargo que ocupou ata 2009.
Deputada Provincial entre 1999 e 2003 e en 2007 e 2008.
Deputada Nacional por Lugo na IX Lexislatura do Congreso dos Deputados ata 2009.
Voceiro do Comité Executivo do PP de Galicia.
Vicesecretaria do PP de Lugo.
Presidenta Local do PP de Sober.
Coordinadora Autonómica de “Mujeres en Igualdad”.
Actualmente desenvolve o cargo de Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.
Apertura da Porta Bispo Odoario
|