10.00 h. XXXII Feira do Mel. Praza da Soidade. Obradoiro de velas das 12h ás 14h.
10.00 h. III Feira de Olería Lugo Tradicional (FOLT) na praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos). Horario: das 10 ás 19h.
11.00 h. EXPOLUGO. Exposición de razas autóctonas da Galiza. Das 10:00 ás 14:30 h na carpa xunto ao Vello Cárcere. Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Charolesa e Rubia Galega. Ovino: Ovella Galega, Suffolk, Charolesa, Romanov, Churra e Texel negra. Caprino: Cabra Galega e Boer. Porcino: Porco Celta. Aves: Galiña de Mos e Galiña Piñeira. Equino: Pura Raza Galega. Cans: Can de Palleiro e Maquinaria Clásica.
11.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos da man de Corazóns Artesáns, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 11.00h ás 13.30h).
11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.
12.00 h. Ofrenda da Corporación municipal a San Froilán, na Catedral de Lugo.
12.00 h. Pasarrúas de Os Picurruchos pola rúa Quiroga Ballesteros, praza de Santo Domingo e praza da Soidade.
12.00 h. Pasarrúas de Caivanca pola rúa Nova, Tinería e praza da Soidade.
12.00 h. Pasarrúas de Cántigas e Frores pola rúa Camiño Real e praza da Milagrosa.
12.00 h. Pasarrúas de Foliada de Bosende por Recatelo e Recinto Feiral.
12.30 h. Espectáculo itinerante “PILOTS” de La Finestra. Espectáculo teatral itinerante para público familiar. Percorrido: saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
13.00 h. Verbena coa orquestra SUAVECITO, sesión vermut, tarde e DJ Casanova ata ás 0.00h, na praza de Augas Férreas.
13.00 h. Concerto da BANDA FILHARMÓNICA DE LUGO + BANDA DE MÚSICA DE VILALBA na praza de Santa María.
13.00 h. Concerto de MOCHO GRIS na praza da Mosqueira.
13.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” na praza do Castiñeiro.
13.30 h. XIII Desfile de Gando tradicional do San Froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da Muralla, praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre. Coa actuación de Reviravolta e Os Pelúdez entre nós.
17.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos da man de Corazóns Artesáns, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 17.00h ás 20.00h).
17.30 h. Espectáculo itinerante “PILOTS” de La Finestra. Espectáculo teatral para público familiar. Percorrido; saída dende o San Froilán Miúdo na rúa alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
17.30 h. Os Pelúdez no Cemiterio San Froilán. Visita guiada polo cemiterio da man de Os Pelúdez
18.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO coa actuación “50 (1975-2025)” na praza do Castiñeiro. Pases ás 18.00, 19.30 e 21.00h.
18.00 h. IX Concurso MISS DEUSA co Colectivo ALAS na praza da Mosqueira.
19.00 h. Verbena galega d'antes. Espectáculo participativo. Ás 19h, chegada das merendas, gaiteiros e figurantes, ás 19.30h comezo da verbena coa actuación de Airiños da Freba e bailador@s de Oxeito, ata ás 21h na praza Maior (Quiosco da música).
20.00 h. Pasarrúas de Airiños de Orbazai pola rúa Rafael de Vega, Montero Ríos, Paxariños e Ramón Montenegro.
20.00 h. Pasarrúas de Bloco Meigallo pola Tinería, rúa Nova e praza da Soidade.
20.00 h. Pasarrúas de Falso Teito pola Fonte do Rei, rúa san Roque e praza Mártires de Carral.
20.00 h. VI ELECTRONIC LUCUS FEST coas actuacións de DJ FRISCO & MARCOS PEÓN, JACOBO GÓMEZ, JUAN CHOUSA E JOSE FOUCE das 20.00 h ás 02.00 h na praza da Mosqueira.
21.00 h. Concerto de CRISTINA BRANCO na praza Santa María.
22.00 h. Concerto de XOEL LÓPEZ na praza Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Funámbula e os ceos quebradizos.
23.00 h. Verbena coa orquestra STEREO na praza Maior.
23.30 h. Concerto de BIZNAGA na praza Santa María.
01.00 h. FESTICULTORES TROUPE na praza Santa María.