SÁBADO 04

SÁBADO 04 SAN FROILÁN 2025

10.00 h. XXXII Feira do Mel. Praza da Soidade. Cata de mel ás 12h. Obradoiro de globoflexia das 17h ás 20h.

10.00 h. III Feira de Olería Lugo Tradicional (FOLT) na praza Santo Domingo (fronte á Praza de Abastos). Inauguración o día 3 ás 12h. Horario; das 10 ás 21h.

11.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos da man de Corazóns Artesáns, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 11.00h ás 13.30h).

11.00 h. EXPOLUGO. Exposición de razas autóctonas da Galiza. Das 10:00 ás 20:00 h na carpa xunto ao Vello Cárcere. Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Charolesa e Rubia Galega. Ovino: Ovella Galega, Suffolk, Charolesa, Romanov, Churra e Texel negra. Caprino: Cabra Galega e Boer. Porcino: Porco Celta. Aves: Galiña de Mos e Galiña Piñeira. Equino: Pura Raza Galega. Cans: Can de Palleiro e Maquinaria Clásica.

11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Todo o día.

12.00 h. Pregón a cargo de Mª Cristina Lombao Ramos no balcón da Casa do Concello.

12.30 h. Os Pelúdez entre nós + Xigantes e Cabezudos + Cántigas e Frores no pregón, praza Maior, Campo Castelo, rúa San Pedro, Progreso e Raíña.

13.00 h. Verbena coa orquestra NEVERLOURA na Mosqueira.

17.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción de varias pezas artísticas con materiais autóctonos da man de Corazóns Artesáns, na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen (Das 17.00h ás 20.00h).

17.00 h. SOUNDSYSTEM NO CAMIÑO con obradoiros, exposicións e as actuacións de WANDEM SOUNDSYSTEM + PINTEGA SISTEMA DE SON + DUB MONO HIFI + DUB IN SOUL, no Pazo De Feiras até ás 05.00h. 

18:00 h. XX SANFROIDANCE coas actuacións de OZETA, + FONKI CHEFF + KR-ON + VILOUTA + FER MESA + BEATMAC na Praza da Mosqueira ata a 01:30 horas.

18.30 h. Actuación de CLAUSTRO MÚSICA no templete da praza Maior.

20.00 h. Pasarrúas de A Volta do Agro pola Tinería, rúa Nova e praza da Soidade.

21.00 h. Concerto de LUCÍA PÉREZ na praza Santa María.

21.30 h. Pasarrúas coa charanga MEKANIKA ROLLING BAND por Recatelo, praza Maior e Campo Castelo.

22.00 h. Concerto de TANXUGUEIRAS na praza Horta do Seminario. Ás 21.00h Teloneiros: Diego Flâneur & Ünder.

23.30 h. Concerto de DAKÍDARRIA na praza Santa María.

01.00 h. FESTICULTORES TROUPE na praza Santa María.