Dispositivo especial de tráfico para O San Froilán 2017
O Concello de Lugo elaborou un dispositibo especial de tráfico e mobilidade para garantir a seguridade cidadá e o éxito do San Froilán, que xeran un importante tránsito, tanto de persoas, como de vehículos, en toda a cidade. Deste xeito, coa posta en marcha deste dispositivo, a entidade local pretende minimizar os inconvenientes á veciñanza, ao tempo que se aseguran as mellores condicións destes festexos.
O Concello solicita a colaboración cidadá pedindo aos veciños que reduzan o uso dos coches e fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros disuasorios: dous en Campos Novos, As Termas e Sanfiz.