Programa nos recintos do Camiño Primitivo e Horta do Seminario

PROGRAMA ACTUACIÓNS RECINTO CAMIÑO PRIMITIVO:

4 OUT. 21.00 h. Concerto de Monqup.

5 OUT. 13.00 h. Concerto de Picurruchos. 21.00 h. Concerto de Zeltia.

6 OUT. 21.00 h. Concerto de Patuk Band.

7 OUT. 21.00 h. Concerto de West Side Bones.

8 OUT. 21.00 h. Concerto de Jorobados del Miño.

9 OUT. 20.00 h. Sanfroidance.

10 OUT. 13.00 h. Concerto de Zuma. 21.00 h. Concerto de Caamaño & Ameixeiras.

11 OUT. 13.00 h. Concerto de Queen Pro Quo. 21.00 h. Concerto de Angélica Salvi.

12 OUT. 13.00 h. Concerto de Old Grads. 21.00 h. Concerto de Margarida Mariño.

PROGRAMA ACTUACIÓNS RECINTO HORTA DO SEMINARIO:

4 OUT. 21.00 h. Concerto de Broken Peach.

5 OUT. 13.00 h. Concerto de Wealman. 21.00 h. Concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón.

6 OUT. 21.00 h. Concerto de Adrián Vigo.

7 OUT. 21.00 h. Concerto de Por mi swing.

8 OUT. 21.00 h. Concerto de Leilía.

9 OUT. 21.00 h. Concerto de De Vacas.

10 OUT. 13.00 h. Concerto de Lagarto Zulú. 21.00 h. Concerto de Verto.

11 OUT. 20.00 h. Mostra de Música Tradicional Domingo das Mozas da AGG; Pandeireteiras de Traspés e Os Carunchos.

12 OUT. 13.00 h. Concerto de Vrásica. 21.00 h. Concerto de Bruno Villamor e Convidados.

 

ENTRADAS E NORMAS NOS RECINTOS MUSICAIS SEMANA CULTURAL SAN FROILÁN 2020:

É preciso dispoñer dunha entrada para acceder ao recinto.

As entradas para as diferentes actividades poderanse adquirir de xeito gratuito na web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo(Praza do Campo, 11).

A reserva de entradas web o una Oficina de Turismo funcionará até 1 hora antes do comezo das actividades.

Cada usuario poderá retirar un máximo de 2 entradas por actividade.

As entradas terán validez até 15 minutos antes da hora oficial de comezo do espectáculo. Chegado este momento, estas entradas deixarán de ter validez e se procederá a completar a cabida do recinto con aquelas persoas que agarden para poder acceder ao mesmo na cola
habilitada a tal efecto.

As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso dos tapabocas.

Deberán seguirse as indicacións dos acomodadores de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.

Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. E no caso de abandoar o mesmo no transcurso da actuación non se poderá volver entrar e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa por motivos sanitarios.