Programa nos recintos do Agro do Rolo e O Castiñeiro

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS RECINTO AGRO DO ROLO:
4 OUT. 20.00 h. Espazo Hip Hop.
5 OUT. 13.00 h. Concerto de Untides. 21.00 h. Verbena Galega d’Antes.
6 OUT. 21.00 h. Concerto de Infrarroja.
7 OUT. 21.00 h. Actuación de A Volta do Agro
8 OUT. 21.00 h. Concerto de El Nahual.
9 OUT. 21.00 h. Concerto de Tito Ramírez.
10 OUT. 20.00 h. Sanfroidance
11 OUT. 13.00 h. Concerto de Minton’s Jazz. 21.00 h. Concerto de Moura.
12 OUT. 13.00 h. Concerto de Sound Sisters. 21.00 h. Concerto de A Banda da Loba.

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS RECINTO CASTIÑEIRO:
4 OUT. 21.00 h. Concerto de Zeltia.
5 OUT. 13.00 h. Concerto de Forget La France. 21.00 h. Concerto de Boyanka Kostova.
6 OUT. 21.00 h. Concerto de Galyrion.
7 OUT. 21.00 h. Concerto de Branca Villares e Pablo Pintor.
8 OUT. 21.00 h. Concerto de Conducto Coloquio.
9 OUT. 21.00 h. IV Concurso Miss Deusa.
10 OUT. 13.00 h. Concerto de Caivanca. 21.00 h. Concerto de Tito Ramírez.
11 OUT. 13.00 h. Concerto de Una Mesa para Dos. 21.00 h. Concerto de Caamaño e Ameixeiras.
12 OUT. 13.00 h. Concerto de Vía Per Loka. 21.00 h. Concerto de Xoana.
ENTRADAS E NORMAS NOS RECINTOS MUSICAIS SEMANA CULTURAL SAN FROILÁN 2020:
É preciso dispoñer dunha entrada para acceder ao recinto. Todas as persoas (de 0 a X anos) deben ter entrada.
As entradas para as diferentes actividades poderanse adquirir de xeito gratuito na web entradaslugo.es ou na Oficina Municipal de Turismo(Praza do Campo, 11).
A reserva de entradas web o una Oficina de Turismo funcionará até 1 hora antes do comezo das actividades.
Cada usuario poderá retirar un máximo de 2 entradas por actividade.
As entradas terán validez até 15 minutos antes da hora oficial de comezo do espectáculo.
Chegado este momento, estas entradas deixarán de ter validez e se procederá a completar a cabida do recinto con aquelas persoas que agarden para poder acceder ao mesmo na cola habilitada a tal efecto.
As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.
Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso dos tapabocas.
Deberán seguirse as indicacións dos acomodadores de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.
Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. E no caso de abandoar o mesmo no transcurso da actuación non se poderá volver entrar e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa por motivos sanitarios.