Maite Ferreiro presentou o San Froilán Miúdo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades que conformarán o San Froilán Miúdo deste ano.
 
En total, a área de Cultura programa 10 actividades de distintos formatos para, segundo explicou Maite Ferreiro, “achegar a cultura de maneira segura ás máis pequenas e pequenos”.
 
Deste xeito, o aparcadoiro do Seminario converterase novamente nun espazo adicado ás familias, con espectáculos teatrais, musicais, de títeres, danza, maxia ou circo para todos os públicos. Maite Ferreiro afirmou que se trata de propostas "de calidade, premiadas e de recoñecemento".
 
“Esta edición do San Froilán volve estar pensada para garantir a seguridade de todas as persoas que decidan achegarse ás distintas actividades que conforman o programa das festas”, explicou Maite Ferreiro, que deu conta das distintas medidas de seguridade que se aplicarán en todas as actividades, e de xeito especial nos recintos dos concertos (adxuntamos carteis explicativos para as ENTRADAS e PROTOCOLOS SANITARIOS)
 
PROGRAMA San Froilán Miúdo 2021
 
MARTES 5
12.30 h. “Uxía Lambona e a Banda Molona” de Troula
18.00 h. “Oh- Pera” de @circochosco.compania
 
MÉRCORES 6
18.00 h. “Desconcerto” de Culturactiva S. Coop. Galega
 
XOVES 7
18.00 h. “María Balteira, bailadora primeira” de Producións Xamón.
 
VENRES 8
18.00 h. “Herencia” de La Industrial Teatrera
 
SÁBADO 9
12.30 h. “Cousas da Casa” de Mircromina.
18.00 h. “Triodedos” de @lapvcirco
 
DOMINGO 10
18.00 h. “Los Viajes de Bowa” de La Gata Japonesa
 
LUNS 11
18.00 h. “Yee-Haw” de La Banda del Otro.
 
MARTES 12
18.00 h. “Exportats” de La Trócola Circ
 

ENTRADAS e CONDICIÓNS DE ACCESO SAN FROILÁN MIÚDO. 

Para poder entrar aos recintos de concertos ou aos espectáculos do San Froilán Miúdo será preciso dispoñer dunha entrada que se poderá retirar de xeito gratuíto no portal de entradas da área de Cultura (entradaslugo.es) ou na Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo ata unha hora antes de cada evento.

Cada persoa poderá retirar un máximo de dúas entradas para cada concerto, e tres para os espectáculos do San Froilán Miúdo.

As entradas poderá utilizarse ata 15 minutos antes da hora de comezo de cada actividade. A partir dese momento, a cabida do recinto poderá completarse coa xente que se achegue sen entrada, na zona de agarda habilitada para tal efecto.

As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada, poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara, segundo as indicacións das autoridades sanitarias.

As persoas asistentes deberán seguir en todo momento as indicacións do persoal de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.

Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. No caso de saír do espazo durante a actuación, non se poderá volver entrar; e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa.