San Froilán 2021 - Verbena Galega D’Antes

A Verbena Galega D’Antes volverá un ano mais ao programa do San Froilán, o 11 de outubro no recinto situado no exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, destacou que “a Verbena Galega D’Antes situouse nos últimos anos como un dos grandes atractivos do programa do San Froilán”.
O evento, organizado pola escola OxeitO recrea as tradicionais verbenas dos anos 40 e 50 con actuacións de música e baile tradicional.