Maite Ferreiro anuncia os primeiros concertos do San Froilán 2024
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou as primeiras confirmacións do programa do San Froilán 2024:
O venres 4 de outubro, a praza Horta do Seminario acollerá a Fillas de Cassandra ás 22:00, mentres que La Perra Blanco estará na praza de Santa María a partir das 23:00.
Fillas de Cassandra: a súa é unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas na no canto de tradición oral, pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica.
La Perra Blanco: coñecida como a nova Raiña do Rockabilly (Así a menciona a revista británica «Rock’n’roll U.K Magazine») está revolucionando o rock’n’roll musical no estado e Europa.
Sábado 5 de outubro a partir das 22:00 h. Dollar Selmouni na Horta do Seminario.
Dollar Selmouni : Ao longo da súa traxectoria deixou clara a súa versatilidade, pois tan pronto se achega ao R&B como ao flamenco urbano, sempre defendendo as súas dotes vocais sen necesidade de autotune ou efectos de son tan propios do xénero.
O luns 7 de outubro ás 21 horas: Club del Río na praza de Santa María.
Club del Río: celebrando á par os seus 10 anos de vida, o conxunto madrileño acompañará a presentación do seu novo álbum “Todo alrededor”, coas cancións que marcaron a súa carreira.
Xoves 10 de outubro ás 23h na Praza Santa María: Triángulo de Amor Bizarro
Triángulo de Amor Bizarro: aterran en Lugo dentro da súa xira 20 aniversario. con “ Salve Discordia” gañan o Premio Ruido (concedido por la Asociación de Periodistas Musicales de España ao mellor disco do ano). E obteñen 4 premios nos premios da música independente do 2016; Mellor artista, Álbum do ano, Álbum de Rock e Produción Musical. No 2020 co seu quinto LP volven obter o Premio Ruído da Asociación de Periodistas Musicales de España.