María Rodés e Sés novos concertos para o San Froilán 2024
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un novo concerto da edición 2024 do San Froilán a cargo da cantante María Rodés, dentro da xira do 10º aniversario do seu disco "Canta copla".
Rodés continúa a dar variedade a un programa da gran festa do outono galego "cunha gran programación musical para todo tipo de públicos". Rodés únese a Fillas de Cassandra (4 de outubro, 22:00, Horta do Seminario), La Perra Blanco (4 de outubro, 23:00, Santa María), Dollar Selmouni (5 de outubro, 22:00, Horta do Seminario), Club del Río (7 de outubro, 21:00, Santa María) e Triángulo de Amor Bizarro (10 de outubro, 23:00, Santa María) como primeiras confirmacións do cartel da gran festa do outono galego para este ano.
María Rodés "Canta copla", martes 08 de outubro ás 21:00 na praza de Santa María.
Compositora e cantante, esta artista versátil colaborou con moitos dos grupos de referencia da escena musical do estado.
Maria Rodés, co seu timbre de voz suave e doce, e un estilo que mistura a canción de autor coa experimentación a nivel compositivo e sonoro leva máis dunha década sobre os escenarios.
Compartiu Oniric con Andy Poole con quén publicou o seu primeiro disco Sin Técnica (Cydonia, 2009).
O seu primeiro disco en solitario foi Una forma de hablar (Bcore, 2010).
Estudiou un postgrado en Arte sonoro organizado pola Universidade de Barcelona que lle permitiu descubrir novas perspectivas sonoras. Influenciada por estes estudos, confeccionou Sueño Triangular (BCore, 2012), autoproducido coa axuda da guitarrista Maru di Pace e o artista sonoro Lluís Surós.
Colaborou con distintos artistas como Raúl Fernández (Refree), Coque Malla, Espaldamaceta ou Anímic e participou en diversos proxectos musicais como compositora e intérprete.
O álbum Convergència i Unió (Bcore, 2013) é froito da súa unión con Ramón Rodríguez (The new Raemon) e Martí Sales (Els surfing Sirles). No ano 2014 publicou María Canta Copla (BCore), disco no que experimentaba como arranxista e cantante reinterpretando dun xeito moi persoal coplas clásicas.
É este, María Rodés Canta Copla, co que ven a Lugo neste San Froilán, un dos proxectos que lle leva a expandir o alcance da súa obra notablemente, adaptando ao seu peculiar estilo algunhas das cancións máis famosas do folklore popular do estado español do século XX como a copla e o cuplé como “Tatuaje” (coa participación de Albert Plá), El día que nací yo, Tres puñales ou Agua que no has de beber son algunhas das obras ás que María rinde unha homenaxe que foi recibido con grandes eloxios.
Foi publicado en México no 2017 nunha edición especial incluindo a rancheira Que te vaya bonito. A artista presentouno en directo en México e Colombia, entrando alí en contacto con recoñecidas artistas coma Julieta Venegas ou Carla Morrison.
O destacado músico estadounidense David Byrne descubriu este disco e programou unha actuación de María no recoñecido festival Meltdown de Londres no 2015. Posteriormente, Byrne continuou mostrando o seu apoio e admiración pola artista catalá, invitándoa a abrir a súa actuación en Madrid no 2018, e incluindo tres cancións de María na playlist que publica mensualmente e que seguen miles de ouvintes. Nesta playlist, Maria aparece acompañada de outras tres artistas do estado español como son Rosalía, Estrella Morente e Mala Rodríguez.
Colaborou como cantante nos discos e actuaciones en directo de outros proxectos musicais como Nacho Vegas, Refree, Anímic, Jorge Drexler, Espaldamaceta, Coque Malla ou José Domingo. Tamén participou como compositora nas homenaxes Ojos de mil años a Miguel Hernández e Cançons de la veritat oculta a Pere Calders.
10º aniversario de María Rodés canta copla.
Este 2024 cúmplense dez anos da saída de "María Canta Copla" (Chesapik, 2014).
María Rodés levaba xa algún tempo coa idea de gravar un disco de versións de cancións que se fixeran populares grazas ao cinema, coma o caso de “Moon River”, composta expresamente por Henry Mancini para Audrey Hepburn.
Quería facer un pequeno tributo a esas cantantes e actrices que a inspiraran tanto de pequena. Un día ocurriúselle trasladar a idea ao cinema español e así foi como topou coa copla, ata entón case descoñecida para ela. A raíz desa primeira toma de contacto sumerxíuse no xénero. Temas como “El día que nací yo”, “Tengo miedo” ou “Marinero de la Barca” inspirárona tanto que decidiu adoptalas, facelas súas, mirándoas sen prexuizos e levándoas ao seu terreno.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou á música coruñesa Sés como nova confirmación da gran festa do outono galego. Ferreiro afirmou que "Sés é unha das voces máis relevantes na música galega, que formará parte da programación do Domingo das Mozas, unha data adicada cada ano á nosa cultura".
Sés, domingo 6 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario
Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Tamén é mestra e licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social.
Foi no ano 2007 cando creou o grupo Chámalle Xis! xunto con outros tres amigos. Foron un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.
Despois de máis de 30 concertos por toda Galiza con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos e artistas coma Zënzar, Xabier Díaz, Xosé Bocixa e Guillerme Fernández, en 2010 Sés gravou unha maqueta con tres temas "Tola atrás de ti", "Admirando a condición" e "Se te vas", producida por Airapro.
En marzo de 2011 gravou o seu primeiro álbum de estudio chamado Admirando a condición, e o 7 de xuño de 2013 presentou o segundo álbum Co xenio destrozado, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. En 2015 saíu á venda o seu terceiro disco: Tronzar os valos.
En novembro de 2016 lanza o sinxelo A Paz Esquiva, preludio do seu cuarto álbum: Opoñerse á extinción, que se lanza o 2 de decembro de 2016. En novembro de 2017 presenta o sinxelo Readmirando a condición, preludio do seu quinto álbum de estudio, que recolle ademais as once cancións do seu primeiro álbum, Admirando a condición (2011), das que sempre se queixara do arranxo feito daquela; desta volta os doce tracks están musicados e arranxados pola propia Ses, que exerce nel de produtora musical e executiva.
En marzo de 2019 viu a luz Rabia ao silencio, un álbum no que versiona cancións revolucionarias, principalmente de Latinoamérica (Carlos Puebla, Mercedes Sosa ou Soledad Bravo entre outros) aínda que tamén de Portugal (José Afonso) ou de Galiza (Fuxan os Ventos).
En febreiro de 2020 publicou un novo disco, Liberar as arterias, con 12 novas cancións. O título é unha homenaxe á activista e poeta Luz Fandiño, cuxos versos están musicados no tema que dá nome ao álbum.
Son un total de 8 discos gravados en 12 anos de carreira.