Reanudación das actividades do San Froilán 2024 tras o paso da borrasca Kirk
A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo informa que, tras a finalización da alerta polo paso da borrasca Kirk, as actividades programadas para as festas do San Froilán serán reanudadas.
A programación ao aire libre dará comezo ás 18.00 horas da tarde. Con todo, a actividade ‘PASMO DE PEDRA’ programada ás 17.00 horas na praza Maior pasará a realizarse na carpa do recinto do San Froilán Miúdo no seu horario previsto.