No San Froilán tamén hai cabida para actividades de divulgación e coidado da saúde
A carpa de Quirónsalud Lugo na praza Maior acolle os días 8, 10 e 11 de outubro catro charlas abertas á cidadanía sobre prevención e coidado da saúde.
O San Froilán é música, tradición, cultura, gastronomía, deporte e actividades para todas as idades, pero tamén ten espazo para propostas diferentes que achegan outros contidos á programación das festas. É o caso das charlas divulgativas de saúde que organiza Quirónsalud Lugo, un dos patrocinadores do San Froilán 2026. Os días 8, 10 e 11 de outubro, a súa carpa situada na praza Maior acollerá catro sesións abertas á cidadanía sobre cuestións relacionadas coa prevención e o coidado da saúde.
Programa de charlas
• Xoves 8, 19:00 h: prevención de caídas domiciliarias nas persoas maiores, a cargo de María Jesús Rodríguez Gay, enfermeira e máster en Xeriatría.
• Sábado 10, 12:30 h: o colesterol, os seus problemas, prevención e tratamento, co doutor Manuel Antonio Botana López, endocrinólogo.
• Sábado 10, 20:30 h: que facer ante un accidente de tráfico, con Juan Redondo, coordinador territorial da Unidade de Tráfico de Quirón Galicia.
• Domingo 11, 12:30 h: lesións de costas en accidentes de tráfico, con María Penín, do Servizo de Fisioterapia de Quirónsalud Lugo.
Unha proposta diferente que se suma ás numerosas actividades que, durante nove días, fan do San Froilán unhas festas para todos e todas.



